PETISCOS é un caderno de animación á lectura.
Partimos dunha variada escolma de obras do actual panorama literario galego, equilibrando a presenza de autores e autoras así como de obras orixinais en galego e traducidas. Xunto a ela, atoparás xogos, pasatempos e outros divertidos recursos que te animarán a ir máis alá do texto.
O primeiro volume, PETISCOS, UNHA DUCIA DE AVENTURAS, está pensado para persoas a partir dos 9 anos. Para espertar o interese na lectura, creamos catro personaxes imaxinarios que nos acompañarán ao longo das lecturas e actividades.
O segundo volume, PETISCOS+, MÁIS ALÁ DA LECTURA, recoméndase a partir dos 12 anos. O obxectivo é axudar á rapazada a descubrir todo o que pode transmitir unha obra. A partir dos temasfalados nas lecturas, reflexionamos sobre a vida e a sociedade con actividades e xogos.
PETISCOS, UNHA DUCIA DE AVENTURAS
Escolma de textos: Equipo Sushi
Edición e revisión de textos: Sergio Gómez e Estela Villar
Maquetaxe e deseño: Uxía Piñeiro
Ilustracións do interior e da cuberta: Sarai Lorenzo
PETISCOS+, MÁIS ALÁ DA LECTURA
Escolma de textos: Equipo Sushi
Edición e revisión de textos: Sergio Gómez e Estela Villar
Maquetaxe e deseño: Uxía Piñeiro
Ilustracións do interior e da cuberta: Uxía Piñeiro
As fotografías das lecturas pertencen a: Irene Pérez
© Sushi Books, 2021
Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Secretaría Xeral de Política Lingüística
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!